A camisa (Episodio 4)

A Camisa foi unha das obras emblemáticas do dramaturgo Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1921 - Madrid, 1994). O concello do Barco de Valdeorras e o Consello da Cultura Galega promoven esta adaptación sonora, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela en 1960.


Dramaturxia: Tito Asorey

Elenco: Melania Cruz, Vanesa Sotelo, María Costas, Josito Porto, Nacho Castaño, Davide González, Tito Asorey


Om Podcasten

Neste perfil podes escoitar os diferentes proxectos de podcast producidos polo Consello da Cultura Galega. O noso primeiro proxecto foi A Lindona de Galicia (2021), unha adaptación sonora dunha obra de teatro do Século de Ouro en galego e castelán. O novo proxecto é A Camisa, a emblemática obra teatral de Lauro Olmo, estreada en Bos Aires en galego en 1960 e na súa lingua orixinal, o castelán, en Madrid en 1962.