🎭O TEATRO🎭 con Lidia Veiga

No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭O TEATRO🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga, tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke.Xunto a ela falamos da figura cultural, histórica e popular de Manuel Fraga, das nosas memorias fraguistas, das miles de placas co seu nome e despois pasámonos ao plano existencial: calma, ansiedade, infancia, consumo de cultura... Unha terapia común!·Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💙

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️