Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos

Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais. (29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira. (44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley.

Om Podcasten

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539