Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado

(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e envases. Belén Montero (CITENI-UdC) participa neste proxecto microencapsulando axentes antimicrobianos para crear envases activos e analizando a biodegradación dos distintos prototipos. (47:27) Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.

Om Podcasten

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539