Bocachanclas Catorce - Tarantarino de terrazas

Hoxe foi o dia, por fin. Despóis do confinamento chegou o ansiado momento, a volta o habitat natural dun bocachanclas de pro... amañar o mundo de terraceo acompañados dunhas cervezas e a promesa dun churrasco #VivamosComaGalegos. Toca tamén final de temporada, e como tal temos que falar dun tema á nosa altura: Quentin Tarantino, "Tarantarino" para os amigos. Desgranamos a sua filmografia con democráticos resultados.

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?