Bocachanclas Once - Mazás Grandes e Voces pequenas

Ola, ola, ola! Os Bocachanclas por fin volvemos. Sabemos que notachedes a nosa ausencia... cousas técnicas e perfeccionismo :P. Nesta semana falamos dun grande do Cine a tráves dunha das suas películas máis detestadas (por el mesmo, nos non)... e logo tocou improvisación cun tema que toca un pouco a vena nostalxica e a conexión emocional que temos coas voces.

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?