Chatbots: millóns de chimpancés aporreando teclados.

Hoxe, sexa cando sexa para ti, temos un episodio histórico. A vida antes das IAs e a vida despois. A.I.D.I. Roi, acosado a preguntas polos outros dous, ábrenos o camiño do coñecemento para o tema. Estaremos gobernados dentro de pouco de robots IA? Non, tentamos ir máis ó básico, para entender de onde sae este boom actual. Invitámosvos a viaxar con nós, e a mandar ó mail dúbidas que tentaremos respostar con bo e entusiástico cientifismo. --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?