Dereitos Torcidos

Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;)

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?