Lasso e 11 máis

Benvid@s ó fútbol inglés! Este é o campo do ProcastiNation FC e hoxe ímosvos narrar o partido dunha serie fantástica de Apple TV+. Ted Lasso pasou a ser un fenómeno sorpresa, unha comedia fresca e entusiasta. E estamos aquí para debullala con vós. Procastinade a gusto!

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?