O axedrez é a nova droga

Procrastinar... se é para xogar ao axedrez, parece menos procrastinar. Roi quixo falar de Gambito de dama, por se quedaba alguén por vela. Falamos do "baratismo" de McDonald's, a financiación de Okdiario (coa colaboración dun gran especialista) e movidas apocalípticas...coa excusa dun asteroide que pasará (disque) perto de nós. Acompañádenos!

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?