ProcastiNation - Vamos de bares

Procrastinar non aburre! Desta vez falamos de traballos do futuro, de Leo e os coches eléctricos e de expresións con china que nada teñen que ver coa pandemia. Lois falaranos dunha obra de actualidade en Santiago, que protagoniza o noso invitado de luxo: Francesco Carril. Escoitade que non contaxia e cumpre todas as medidas legais!!

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?