Upright: Unha road-serie máis dinámica que estirada

Desta rolda tócanos unha peza audiovisual australiana. Aquí non traballamos prexuízos fronteirizos. O’Lois, que tamén foi o máis procastinador da quincena, trouxo a debate este contido procedente de Filmin. Co cómico e músico Tim Minchin e Milly Alcock (coñecida por House of the dragon), Upright conta as aventuras de dous personaxes perdidos na vida (e nas carreteras australianas). Desta vez non metimos spoilers, imos aprendendo (que va, cadrou así). Disfrutade das nosas novas aventuras podcasteiras! --- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/bocachanclas/message

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?