ProcastiNation - Xela e as Lobas que se fan oír

Feliz día das Letras Galegas!! Tivemos a inmensa sorte de celebralo coas chicas da Banda da Loba. Viñeron tres das cinco: Andrea, Marcela e Estela. En riguroso diferido, como di Pablo, que esta semana elas non paran coa presentación do seu EP Hasme Oír, feito cos versos de Xela Arias. E o seu talentazo!

Om Podcasten

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?